"Tías" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 39.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o escolástico (Mírina, illa de Limnos 536 - Constantinopla 582) Poeta e historiador bizantino. Cultivou o epigrama alexandrino e preparou unha recompilación dos autores deste xénero, titulada Kyklos.
-
PERSOEIRO
Militar portugués. Nomeado Gobernador de Pernambuco (1628), dirixiu a defensa da praza contra os holandeses (1630-1635). No 1640 participa na Guerra de Secesión Portuguesa contra Castela conseguindo a Victoria de Montijo (1644), que lle valeu o título de primeiro conde de Alegrete.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
O antropónimo feminino Angustias procede, etimoloxicamente, do substantivo común latino angustia ‘angustia, aflición’ e este, á súa vez, do latín angustus ‘angosto, estreito’. O xermolo deste nome está na advocación granadina da Virxe, a Nosa Señora das Angustias. A súa festividade celébrase o 15 de setembro, agás en Boiro, onde se conmemora o 25 de maio.
-
-
Que evita ou combate a asma.
-
Medicamento ou axente antiasmático.
-
-
PERSOEIRO
Xurisconsultor e político carlista. Catedrático de Dereito, publicou o xornal carlista La Cruzada (1867-1869). Deputado nas Cortes do 1871, pasou ao campo carlista e foi nomeado corrixidor de Bizkaia e reitor da Universidade de Oñati (1872). Dende 1899 foi delegado do pretendente Carlos VII e xefe da minoría carlista nas Cortes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de cálculos ou concrecións nos bronquios. Constitúe unha complicación secundaria dunha enfermidade granulomatosa, como a tuberculose ou a histoplasmose, ou dunha infección por fungos. Maniféstase por crises de tose, hemóptise intermitente e infeccións pulmonares e, en caso extremo, por obstrución das vías.
-
PERSOEIRO
Pintor grego orixinario da Ática. Decorou o chamado vaso François (570? a C) atopado na cidade etrusca de Chiusi e realizado polo oleiro Ergótimo, a obra máis representativa da cerámica de figuras negras. Está decorado cunha serie de franxas horizontais que amosan escenas heroicas, mitolóxicas e de seres fantásticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formación de cálculos no colédoco. Tamén se denomina litíase biliar.
-
PERSOEIRO
Político e escritor grego. Tío de Platón, foi discípulo de Sócrates e un dos trinta tiranos que gobernaron despois da conquista de Atenas por Lisandro (404? a C). Morreu na loita contra Trasíbulo, quen restableceu a democracia. Só se conservan fragmentos das súas traxedias Sísifo e Piritoo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e eclesiástico salvadoreño. Dirixiu a primeira rebelión contra España en 1811 e interveu na proclamación da independencia de América Central en 1821. No ano 1823 presidiu a Asemblea Xeral Constituínte das Provincias Unidas de América Central.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
dracunculose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade que se caracteriza por un engrosamento, inicialmente edematoso e despois fibroso, da pel e dos tecidos subcutáneos, que presentan unha consistencia dura e espesa que recorda a pel do elefante, de onde lle vén o nome. Prodúcese por unha inflamación e obstrución dos vasos linfáticos que non poden drenar os líquidos das zonas afectadas, o que produce un encharcamento tisular e a dilatación dos vasos. Por orde de frecuencia afecta ás extremidades inferiores, ao escroto, aos brazos e ao peito. Pode ser conxénita ou adquirida por mor de lesións dos ganglios linfáticos a consecuencia de tumores ou infeccións; neste último caso é característica a infección por parasitos como as filarias, especialmente Wuchereria brancrofti, moi común nos trópicos preto da costa.
-
-
Relativo ou pertencente á elefantíase.
-
Que ou quen padece elefantíase.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción ou formación de enterolitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comida pública entre os cidadáns espartanos e cretenses á que contribuían mensualmente mediante achegas de alimentos ou diñeiro. En caso de non poder achegar as cotas mensuais, perdían os seus dereitos como cidadáns. A organización dos comensais reunía os individuos que nas campañas compartían a mesma tenda.
-
-
Confusión ou desorde na expresión de algo que dificulta a súa comprensión.
-
Situación confusa e enredosa.
-
-
PERSOEIRO
Mestre de capela. Exerceu o seu maxisterio na catedral de Mondoñedo (1690-1694) e na de Tui (1694-1737). Deixou unha abondosa produción musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade causada pola presenza de helmintos nos organismos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congregación relixiosa fundada en Reims (1682) por Jean-Baptiste de La Salle. Foi aprobada en 1725, suprimida en 1792 e restaurada definitivamente en 1802. Dedicada sobre todo ao ensino primario, secundario, técnico e profesional, estendeuse por numerosos países de Europa e América. Introduciuse no Estado español en 1878 e con poucos meses de diferenza fundaron casas en Madrid e Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: facies leonina.