Clitias

Clitias

Pintor grego orixinario da Ática. Decorou o chamado vaso François (570? a C) atopado na cidade etrusca de Chiusi e realizado polo oleiro Ergótimo, a obra máis representativa da cerámica de figuras negras. Está decorado cunha serie de franxas horizontais que amosan escenas heroicas, mitolóxicas e de seres fantásticos.