"TVE" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse con Pöppelmann en Dresde e Varsovia. Como arquitecto da corte dinamarquesa proxectou o conxunto urbano de Amalienborg.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Xeorxia ou ás linguas de Xeorxia.

    2. Grupo de linguas caucásicas do sur. Comprende o xeorxiano, o mingrelio e o svanuri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador neerlandés. Membro do grupo neoplasticista De Stijl, esforzouse en proporcionar equilibrio ás tensións construtivas (casa Schröder en Utrecht, 1924), ao tempo que se interesou pola aplicación da cor na arquitectura. Cofundador en 1928 dos CIAM en La Sarraz, colaborou na construción dun barrio modelo en Viena (1932) e realizou o Museo Zonnehof de Amersfoort (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca estatal rusa con sede en Moscova. Xurdiu como Biblioteca de Moscova e despois da Revolución Rusa converteuse na Biblioteca Nacional da URSS, sendo coñecida como Biblioteka SSSR imeni VI Lenina ou Biblioteca Lennin. En 1992 tomou o seu nome actual. Conta cunha colección de mapas, gravacións musicais, libros raros, periódicos e outros volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Dirixiu o Teatro Bolšoj (1964-1979), a Ópera de cámara de Moscova, fundada por el mesmo en 1974, a Filharmónica de Estocolmo (1974-1977; e desde 1991) e a orquestra da BBC (1978-1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Seguidor da poesía publicista, das súas obras destacan Flagi vesny (Bandeiras de primavera, 1955), Neobycajnye ostrova (Illas non vulgares, 1962), Radar serca (Radar do corazón, 1971) e Golos Goroda (A voz da cidade).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo RadioTelevisión Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de escandio e itrio, de fórmula (Sc,Y)2(Si2O7), que cristaliza no sistema monoclínico, en cristais prismáticos, ás veces de grandes dimensións. Pertence ao grupo dos sorosilicatos, ten unha dureza de 3,6 e é de cor entre verde escura e negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Televisión Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia, situada á beira do Volga, na desembocadura do Tverca e ao NO de Moscova (458.000 h [1997]). É unha cidade portuaria, con industrias téxtiles, químicas e mecánicas. Fundada no s XII, entre 1931 e 1990, denominouse Kalinin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (84.100 km2; 1.613.600 h [estim 1999]). A súa capital é Tver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático ruso. Contribuíu á teoría de números e deu unha solución ao problema sobre a descomposición dun número nunha suma de números primos. En 1941 recibiu o Premio Stalin.

    VER O DETALLE DO TERMO