Tver

Tver

Capital da oblast’ homónima, Rusia, situada á beira do Volga, na desembocadura do Tverca e ao NO de Moscova (458.000 h [1997]). É unha cidade portuaria, con industrias téxtiles, químicas e mecánicas. Fundada no s XII, entre 1931 e 1990, denominouse Kalinin.