"Taboada" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 40.
-
PERSOEIRO
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios con Oliveira, quen lle ensinou a técnica da fundición de cera, e con Antúnez Pousa, con quen aprendeu o traballo da pedra. No seu traballo combínanse pedras e materiais diversos, como bronce e madeira, na procura da expresividade ata chegar á esencialización da forma. Recibiu numerosos premios e participou en distintas exposicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Publicista. Dedicado ao sector publicitario dende os anos sesenta, en 1970 creou a axencia publicidade Luis Carballo. Dende un principio organizou as campañas promocionais dalgunhas das empresas máis dinámicas de Galicia e creou un programa de desenvolvemento da súa industria téxtil, sector en auxe que competía nos mercados nacionais e internacionais. En relación con esta actividade publicou o libro Galicia siete años de moda, no que se promocionaba a pasarela de moda Luada (París, Barcelona, Vigo, Santiago, A Coruña, etc), o salón Gaudí (Barcelona) e a revista Galicia Moda, onde apareceron as principais firmas téxtiles internacionais e galegas. Ademais, editou a revista ITH, dedicada á promoción cultural de Galicia, e a revista DOA, vinculada ao sector da gastronomía e alimentación. Da súa autoría son os contidos expostos no Pavillón de Galicia da Expo’92 celebrada en Sevilla e algúns dos deseños do Ano Santo Xacobeo 1993. Entre outros galardóns, recibiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Naturalista e músico. Estudiou piano no conservatorio de música de Santiago. Aos 18 anos marchou para Barcelona, onde se fixo sacerdote e ingresou nos Salesianos. Realizou estudios de ciencias naturais na Universidad de Madrid e foi discípulo de Rodríguez Carracido. Doutorouse no ano 1922 coa tese “El Paleolítico en la costa Cantábrica”. Amosou interese pola xeoloxía, especialmente pola espeleoloxía, e considéraselle o introdutor desa disciplina en España. Gracias aos seus esforzos constituíuse, en 1926, o Museo Provincial de Prehistoria de Santander, do que foi o primeiro director. Entre os seus traballos destacan: Fauna espeleológica de la Montaña (1910), Mentalidad humana del troglodita cuaternario y del hombre primitivo (1911) e Prehistoria universal y especial de España (1924). Ademais de diversos artigos sobre os alfabetos prehistóricos e os petroglifos galegos cómpre sinalar a novela histórica Fida, la hija del último druida galaico (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inspector médico. Licenciado en Medicina e Cirurxía e en Xornalismo. Foi deputado na lexislatura constituínte (1977-1979) no Congreso de los Diputados pola Unión de Centro Democrático (UCD). Entre outros cargos, exerceu como director da Residencia Sanitaria de Vigo e do Hospital Xeral de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Orden del Mérito Constitucional, a Medalla de Oro Constitucional e a Medalla de Oro da Federación de Baloncesto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Farmacéutico galego. Realizou estudios farmacéuticos en Madrid e pasou despois á Escuela Práctica de Química de Madrid. En 1804 foi nomeado, a proposta de L. Proust, profesor de química na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, acudiu a París para rematar a súa formación con Fourcroy, Vauquelin, Deyeux e Thenard. Cando regresou en 1811 a Santiago recuperou, tras unha negativa inicial, a docencia da disciplina de química. Pero en 1814, coa volta do absolutismo, a universidade aproveitou a conxuntura política para queixarse das presións recibidas para readmitilo e despediuno.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Doutor en Arquitectura, especializouse en urbanismo. Foi profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e administrador único de Arqdis, SL. Colaborador do Boletín Académico da ETSA da Coruña, Obradoiro e Revista da Comisión Galega do V Centenario, escribiu Los orígenes de Compostela (1987), Fragmentos renacentistas (1997) e Voces de la ciudad (1998). Foi finalista do Premio de Periodismo Arquitectónico e do Premio Planeta 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Catedrático da Escola Superior de Arquitectura da Coruña, da que foi director (1975-1986). Doutor en Arquitectura, especializouse en urbanismo e restauración de monumentos. Entre as súas obras destacan o Casino da Coruña (1982), o edificio de servicios múltiples da Radio Televisión de Galicia (1990) e o pavillón de Galicia na Exposición Universal de Sevilla (1992). Colaborador no Boletín Académico da ETSA da Coruña, Abrente e Obradoiro, foi autor de As catedrais de Galicia: descrición gráfica (1999) e A Arquitectura do Camiño de Santiago: descrición gráfica do Camiño Francés en Galicia (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e poeta. Emigrou á Arxentina (1873) e instalouse na cidade de Córdoba, onde, co seu primo Eduardo Taboada, fundou o Colegio Español. En 1876 gañou a praza de profesor na escola municipal desta cidade e dirixiuna de 1881 a 1893, ano no que foi destituído como consecuencia da nova lei de educación que impedía que os mestres non nacidos en Arxentina ocupasen o cargo de director. En 1882, ademais de dirixir a escola diúrna, foi escollido como director da escola nocturna de obreiros ata o ano 1891. De volta a Galicia, comezou a dar clases na escola de nenos cegos e pobres da cidade da Coruña. Publicou os libros de poesías Nocturnos (1886) e El árbol de Noé (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño e político. Gobernador do asentamento español nas Malvinas (1174-1779), foi vicerrei de Nova Granada (1788-1792) e do Perú (1792-1796). De ideas ilustradas, potenciou a creación dos xornais Mercurio Peruano (1791) e da Gaceta de Lima (1793), o desenvolvemento da Sociedad Cultural Amantes del País e da Tertulia Poética (1791), e a fundación, entre outras, dunha cátedra de Anatomía (1792) e da Academia de Naútica (1794). De volta a España foi elixido membro do Consejo Supremo de Guerra, director xeral da Armada (1799) e ministro de Mariña (1866). Trala chegada ao trono de Fernando VII, formou parte da Junta de Goberno que se desprazou a Baiona, que abandonou trala subida ao poder de Xosé Bonaparte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo de Lugo (1735-1745) e arcebispo de Santiago (1745-1751). Foi colexial maior de Santa Cruz de Valladolid e reitor do colexio de Fonseca (1713). En 1725 tomou posesión dunha coenxía en Sevilla, que conmutou por unha en Santiago, onde tamén exerceu como administrador do Hospital Real. Tras ser nomeado bispo de Lugo (1735), fomentou a educación dos nenos do coro catedralicio, mandou construír o retablo da capela da Nosa Señora dos Ollos Grandes e ampliou o palacio espiscopal. Foi delegado rexio de Filipe IV para efectuar a ofrenda ao Apóstolo (1745).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo de Osma (1715-1720) e arcebispo de Sevilla (1720-1722). Formado na Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de Prima de Leis (1690-1700) e reitor do colexio de Fonseca en dúas ocasións (1690 e 1683). Tralo seu traslado ao colexio de Cuenca da Universidad de Salamanca, foi penitenciario da catedral de Oviedo, doutoral da catedral de Toledo (1702) e vicario xeral eclesiástico de Madrid (1711). Entre outros postos políticos ocupou a presidencia da Real Chancelería de Valladolid, foi xeneral da cruzada, presidente do Consello de Castela e ministro de Filipe V para asuntos eclesiásticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano. Formado en teoloxía, foi catedrático de Filosofía na Universidad de Salamanca. En 1706 trasladouse ao convento de Santiago de Compostela, onde exerceu de lector de teoloxía, de examinador sinodal do arcebispado e de censor de libros para a Inquisición. Foi provincial da súa orde e posteriormente visitador da mesma (1713 -1716). Das súas obras destacan Acerca de las indulgencias concedidas a los que asisten a las doctrinas y a las misiones (1713).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido co pseudónimo de R. S. Lago, colaborou en diversas publicacións, como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, O Correo Galego e Hidromel. Da súa produción cómpre salientar a triloxía inédita A vida é literatura e o poemario Fontanela (2000), en que amosa a súa sensibilidade cara á súa terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestra e escritora. É autora de Cantares (1983), unha achega á poesía infantil. Escribiu tamén a peza breve, O muíño baleiro (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Doutor en Filosofía e Letras e profesor titular na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, escribiu Precios do trigo, centeo e millo na segunda metade do século XIX en Galicia (1986) e La Población de Galicia 1860-1991: crecimiento, movimiento natural y estrutura de la población de Galicia (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e aviador. Ingresou no Servicio de Aeronáutica Militar como tenente (1920), realizou os cursos na Escola Superior de Aeronáutica en París e obtivo o título de Enxeñeiro Aeronáutico. Ascendeu a comandante en 1925 e desempeñou os cargos de director da Escuela de Transformación de Cuatro Vientos e xefe de escuadrilla. Realizou unha gran viaxe ata Extremo Oriente. Saíu desde Cuatro Vientos o 5 de abril de 1926 e chegou a Manila o 13 de maio do mesmo ano. Recibiu a medalla militar individual e a Cruz Laureada de San Fernando. En 1933 inaugurouse un monumento na súa memoria, obra de Francisco Asorey.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Estivo moi en contacto con Santiago de Compostela e coas novidades barrocas que alí se produciron; de feito foi un dos primeiros e principais seguidores das propostas de José de Vega y Verdugo. Foi autor da igrexa do mosterio de Santa María de Sobrado dos Monxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monfero baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Concello da comarca de Chantada, situado na provincia de Lugo no centro da Comunidade Autónoma de Galicia (42° 42’ 30” de latitude N e 7° 45’ 30” de lonxitude O). Limita ao N con Portomarín (comarca de Lugo) e Monterroso (comarca da Ulloa), ao L con Paradela (comarca de Sarria) e O Saviñao (comarca de Terra de Lemos), ao S con Chantada (comarca de Chantada), e ao O con Rodeiro (comarca do Deza), Monterroso e Antas de Ulla (ambos os dous na comarca da Ulloa). Abrangue unha superficie de 146,7 km 2 , cunha poboación de 3.537 h (2007d), distribuída nas parroquias de Ansar, Arxiz, Bembibre, Bouzoa, Campo, Carballo, Castelo, Cerdeda, Cicillón, Couto, Esperante, Fradé, Gondulfe, Insua, Mato, Meixonfrío, Moreda, Mourulle, Piñeira, San Xián de Insua, Sobrecedo, Taboada dos Freires, A Torre, Vilameñe, Vilar de Cabalos, Vilela e Xián. A súa capital está no lugar de Taboada, na parroquia de Carballo, que dista 94 km de Santiago de Compostela e 44 km de Lugo. Está adscrito á diocese...
VER O DETALLE DO TERMO