"Tareixa" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 18.
-
PERSOEIRO
Autora, actriz e directora teatral. Colaborou coa Asociación Cultural Barriga Verde e co grupo de teatro Achádego. Mestra de profesión, as súas actividades vincúlanse co movemento de profesores de teatro e drama, Joven Teatro Joven, e cunha serie de iniciativas que pretendían unha maior presenza da actividade teatral na escola. Tamén organizou e impartiu cursos de iniciación ao teatro, mostras de teatro infantil e xuvenil e outras actividades relacionadas coa divulgación do feito teatral. Entre 1993 e 1998 coordinou a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo. Dirixiu máis de trinta espectáculos no ámbito do teatro escolar, afeccionado e universitario, con textos de Antonio Buero Vallejo, Miguel de Cervantes, Alejandro Casona, José Luis Alonso de Santos, Plauto ou Thornton Wilder.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filóloga. En 1987 gañou o I Premio Literario Ánxel Fole coa obra O trasmundo de Ánxel Fole.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filántropa. Coñecida como Tareixa dos demos, dedicou a súa vida a acoller e coidar na súa casa mulleres enfermas e sen recursos. Antes de morrer doou todos os seus bens á congregación da Virxe das Dores para a construción dun hospital da caridade que levaría o seu nome. En 1946, o concello da Coruña deu este nome ao trofeo de fútbol destinado a recadar fondos para a beneficencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Francia, filla de Filipe IV. Casou con Luís XIV de Francia, segundo o estipulado na Paz dos Pireneos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa de Beira. Segunda muller (1838-1855) de Carlos María Isidro de Borbón, promoveu o carlismo intransixente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou María Tareixa de Habsburgo (Viena 1717 - 1780) Arquiduquesa de Austria, raíña de Hungría e de Bohemia (1740-1780) e emperatriz romano-xermánica, filla do Emperador Carlos VI. O seu pai, pola Pragmática de 1713, aseguroulle os dominios patrimoniais de Austria, pero cando morreu este en 1740, Federico II de Prusia invadiu Silesia (1740-1741) e o elector de Baviera foi proclamado emperador, co nome de Carlos VII (1742). Coa axuda de Inglaterra e Hungría, fixo coroar emperador en 1745, co nome de Francisco I, ao duque Francisco III de Lorena, co que casara en 1736. Pola Paz de Aquisgrán foi recoñecida a devandita coroación e a cesión de Silesia a Prusia, o ducado de Milán a Savoia e os ducados de Parma, Piacenza e Guastalla a España. Seguindo as directrices do seu ministro Kaunitz-Rietberg, iniciou reformas fiscais e administrativas, e reorganizou o exército.
-
GALICIA
Xornalista. Coñecida como Queca Merino, no seu labor profesional comprometeuse coa difusión da lingua e cultura galegas. Traballou en Radio Popular en Vigo e Radio España en Madrid, e foi directora en Vigo de Radio 80 e Antena 3. Posteriormente, formou parte da Radio Galega, nos centros de Santiago de Compostela e Vigo, e mesmo participou como presentadora e directora de diversos programas da TVG.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Locutora e condutora de programas de TVE en Galicia, foi membro do Consello de Administración da RTVG, locutora da Cadena SER ata 1980 (Hora 25, Matinal Cadena SER e correspondente da SER en Galicia), ademais de colaborar en La Voz de Galicia e pertencer á redacción da revista Andaina. Participou na elaboración de Cultura e medios de comunicación nas sociedades dependentes (1982) e Rosalía de Castro: unha obra non asumida (1985). Recibiu o Premio Nacional de Radio polo seu traballo na SER.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. Traballou na fábrica de mistos da Coruña e participou na comisión organizadora do Centro de Estudios Sociales Germinal (1902). No mesmo ano formou parte da xunta directiva como vogal da Sociedad de Oficios Varios integrada na Federación Local Obrera de La Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino hispano, frecuente na Idade Media, que tiña como forma primitiva Tarasia, de orixe escura, que evoca os xentilicios gregos Tarasía/Tarasios, o topónimo itálico Taranto, o nome do adiviño Tiresias e a illa exea de Thera (Santorino). Aínda así, non é seguro que sexa grega a súa raíz última. O que si parece probable é que este nome se difundise por Europa a partir da Península Ibérica. As formas galegas están documentadas desde moi antigo e a popularidade de Tareixa de Ávila axudou á súa difusión por boa parte de Europa. Presenta as variantes Tereixa e Teresa.
-
PERSOEIRO
Raíña de León (960-966), filla de Ansur Fernández, conde en Monzón de Campos. A súa alianza matrimonial con Sancho I de León facilitou a derrota de Ordoño IV e a restauración de Sancho I. Ao morrer este en 966, asumiu a rexencia durante a minoría de idade de Ramiro III, xunto coa súa cuñada Elvira de León, e, tras a razzia de Almanzor, retirouse a un convento en 985.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pensadora alemá. De nome Edith Stein, foi filla dun comerciante xudeu e discípula de Husserl. Converteuse ao catolicismo e en 1934 ingresou na orde carmelita. Morreu nun campo de concentración. Na súa obra póstuma Endliches und ewiges Sein (Ser finito e eterno, 1950) tentou fundamentar fenomenoloxicamente a concepción tomista. Escribiu tamén Eine Untersuchung über den Staat (Unha investigación sobre o estado, 1924), Das Ethos der Frauenberufe (O ethos da vocación feminina, 1931), Kreuzeswissenschaft (Ciencia da cruz, 1950) e Welt und Person (Mundo e persoa, 1962). Beatificada en 1987, a súa festividade celébrase o 9 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tareixa de Xesús.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agnes Gonxha Bojaxhiu.
-
PERSOEIRO
Condesa (1097-1113) e rexente de Portugal (1114-1128), filla ilexítima de Afonso VI de Castela. Casou con Enrique de Borgoña, a quen entregou como dote o territorio comprendido entre os ríos Miño e Tajo que en 1095 se converteron no condado Portucalense. Enfrontouse á súa irmá Urraca I de Castela, aproveitando as loitas dinásticas, e derrotouna e anexou as comarcas de Ourense e Tui pero caeu prisoneira en Lombrosos (1121), e tivo que recoñecer a soberanía da súa irmá en León e Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de León (1191-1194), filla de Sancho I de Portugal. Casou en 1191 con Afonso VIII, rei de Galicia e León, pero o Papa Celestino III anulou o matrimonio por razóns de parentesco. Á morte do rei (1230), participou coa segunda dona deste, Berenguela I de Castela, no problema sucesorio, e acadou a renuncia ao trono das súas fillas Sancha e Dulce, que Afonso VIII nomeara herdeiras, e a proclamación de Fernando III de Castela, fillo de Berenguela I, como rei de León.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixiosa carmelita. De nome Teresa de Cepeda y Ahumada, en 1535 entrou no convento de La Encarnación (Ávila). Propúxose reformar a orde do Carmelo para facela retornar ao antigo rigor. En 1562 fundou o primeiro convento reformado, o de San José de Ávila. Despois realizou, en medio de dificultades e mesmo persecucións, moitas outras fundacións. A tarefa renovadora e as súas experiencias místicas ata a fundación do primeiro convento narrounas en Vida, da que se conserva só a segunda redacción, pois a primeira foi requisada pola Inquisición. Os azares das fundacións posteriores explicounos en Libro de las fundaciones. Estes dous documentos autobiográficos compleméntanse coas Cartas. Entre as súas obras de carácter doutrinal destacan Camino de perfección (1562-1564) e o tratado ascético-místico Moradas del castillo interior (1577). O seu estilo é coloquial, cheo de formas da lingua viva da época, de locucións populares e de comparacións tiradas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixiosa carmelita. Ingresou con 15 anos no convento de Lisieux, ofrecía as súas enfermidades para o ben das misións. Morreu de tuberculose. Escribiu, por orde da súa superiora, Historia dunha alma (1897). Canonizada en 1923, o Papa Pío XI proclamouna patroa das misións e en 1997 o Papa Xoán Paulo II Doutora da Igrexa e da Santa Faz. Represéntase con hábito carmelita, crucifixo con rosas entre as mans como atributo persoal, xa que cando estaba a morrer dixo que faría chover rosas e grazas do ceo. A súa festividade celébrase o 1 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO