"Tarragona" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Bispo de Tarragona. Morreu queimado vivo no ano 259 xunto cos diáconos Augurio e Euloxio. O seu culto, que se remonta ao s VI, é dos máis antigos de Hispania. Na iconografía represéntase vestido de bispo (con casula ancha, ou capa, mitra e báculo), e ás veces cun libro na man; leva como atributos persoais unha cacharela aos seus pés. A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro (antes da reforma do calendario litúrxico festexábase o 21 de xaneiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Catalunya (113.129 h [2001]). A economía, sen ningún sector agrícola importante, dependeu basicamente do comercio portuario e da industria vitivinícola, ata que, entre 1925 e 1935, se puxeron en funcionamento a fábrica de tabaco e as factorías de CAMPSA e da Unión Azufrera. Ten industrias do metal, do plástico, dos cartóns e embalaxes, de alimentación e bebidas, auxiliares da construción e do ramo da madeira. Entre 1965 e 1967, establecéronse as grandes factorías petroleoquímicas, que transformaron Tarragona nun centro deste sector a escala europea. Destaca tamén a pesca e o turismo. Poboada por ilerxetes e cosetanos, foi conquistada en 219 a C por Publio e Cneo Escipión. Foi capital da provincia Tarraconense (Tarraco). Conquistada polos musulmáns en 714, foi reconquistada por Ramón Berenguel III en 1109. Do seu patrimonio cultural destacan os restos da antiga Tarraco, entre outros, o anfiteatro (BIC, 1924), o acueduto de Les Ferreres (BIC, 1905) e a torre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Catalunya, integrada por 183 municipios e 8 partidos xudiciais (6.282 km2; 609.673 h [2001]). A súa capital é Tarragona. As paisaxes de cereais, viñedos, hortas e froiteiras alternan con oliveiras. Destacan as industrias alimentaria, téxtil, química e papeleira, e o turismo, centrado en Salou e Cambrils. O poboamento concéntrase en cidades como a capital e outros núcleos como Reus (89.006 h [2001]), Tortosa (28.933 h [2001]), Valls (20.232 h [2001]), El Vendrell (23.744 h [2001]), Cambrils (21.000 h [2001]) e Amposta (16.865 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO