"Terra Santa" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no convento de San Francisco en Santiago de Compostela. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creouse coa intención de enlazar, a través da súa exposición, a cultura da cidade de Santiago de Compostela coa de Xerusalén, ao ser ambas importantes centros de peregrinación. A súa colección recolle obxectos procedentes de Terra Santa. Móstranse pezas arqueolóxicas que abranguen desde o Paleolítico á dominación romana, pezas dos diversos períodos da historia de Xerusalén, traballos artesanais realizados en Belén e Xerusalén que mostran a pegada da orde franciscana, que custodia o Santo Sepulcro, unha gran maqueta da cidade histórica de Xerusalén e unha colección numismática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado desde a Idade Media a Palestina en tanto que é unha terra santificada pola vida e morte de Xesús Cristo e polos numerosos santuarios ou lugares santos, principalmente polo Santo Sepulcro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Custodia franciscana dependente directamente da Santa Sé, constituída por franciscanos de diversas nacionalidades, baixo a obediencia dun custodio residente en Xerusalén, encargados dos lugares santos de rito latino de Palestina. Establecida polo primeiro capítulo xeral da orde en 1217, quedou en Palestina despois da caída do Reino Latino de Xerusalén, grazas a acordos parciais cos sultáns que culminaron no Tratado Perpetuo de 1333. Clemente VI recoñeceu os franciscanos como custodios oficiais en nome da Igrexa Católica en 1342. Sucesivas expropiacións e restitucións por parte dos turcos abocaron ao statu quo de 1757 (vixente actualmente).