Terra Santa, Custodia de
Terra Santa, Custodia de
Custodia franciscana dependente directamente da Santa Sé, constituída por franciscanos de diversas nacionalidades, baixo a obediencia dun custodio residente en Xerusalén, encargados dos lugares santos de rito latino de Palestina. Establecida polo primeiro capítulo xeral da orde en 1217, quedou en Palestina despois da caída do Reino Latino de Xerusalén, grazas a acordos parciais cos sultáns que culminaron no Tratado Perpetuo de 1333. Clemente VI recoñeceu os franciscanos como custodios oficiais en nome da Igrexa Católica en 1342. Sucesivas expropiacións e restitucións por parte dos turcos abocaron ao statu quo de 1757 (vixente actualmente).