Terra Gallega

Terra Gallega
[PUBLIC]

Boletín de tendencia nacionalista publicado en La Habana a partir de 1921. Subtitulado “Órgao da Xuntanza Nacionalista Galega d’Habana e paladín do honor da Raza Céltiga”, tivo periodicidade mensual. Dirixido por A. Rodríguez Orzales, foi editado pola Xuntanza Nazonalista Galega D’Habana. Foi o sucesor da revista Nós e defendeu o movemento nacionalista galego, a autonomía e a cooficialidade do galego e do castelán en Galicia.