Terra e Tempo

Terra e Tempo
[PUBLIC]

Revista publicada sucesivamente en Santiago de Compostela, México, Caracas, París, Xenebra e Madrid entre 1965 e 1984. Voceiro da Unión do Pobo Galego (U.P.G), tivo unha primeira época, a etapa de América (1965-1971), durante a que se editaba entre México e Venezuela, a cargo de Celso E. Ferreiro, e que logo se distribuía clandestinamente en Galicia. A partir de febreiro de 1971 editouse en Galicia, baixo o subtítulo “Voceiro da Unión do Povo Galego”. Tras a escisión da UPG-Liña Proletaria, xurdiu outra cabeceira de igual nome ca a “oficial”, que editou só tres números, polo que a publicación oficial da UPG foi substituída por Sempre en Galicia.