"Thar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 23.
-
PERSOEIRO
Pintor grego. Activo no final do s V a C, coetáneo de Zeuxis. Pintou a decoración da casa de Alcibíades e tamén decorados teatrais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación poético-relixioso da India, o cuarto e último Veda (aínda que non sempre é admitido neste grupo). Relacionado co Rig-veda, no cal se inspira a miúdo, reúne fórmulas máxicas, especulacións simbólicas, etc, e inclúe o famoso Himno á terra.
-
PERSOEIRO
Monxa cisterciense de Nimbschen (1515). Influída polas ideas da Reforma, deixou o mosteiro e trasladouse a Wittemberg (1523), onde casou con Lutero (1525).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da orde das cantarelais ao que pertencen os cantarelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos catártidos ao que pertencen os gallinazos.
-
CONDADOS
Condado da provincia de Leinster, Irlanda, ao SL da illa (896 km2; 40.616 h [1996]). A súa capital é Ceatharlach, na beira do río Barrow (11.502 h [1986]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abū-l- Ḥ asan al-Muhtar ibn Bu ṭ lan.
-
PERSOEIRO
Industrial alemán. Herdou do seu avó, Kaspar Faber, a fábrica de lapis que este fundara en Nuremberg en 1760 e estableceu sucursais en varios países europeos e en EE UU. Ao morrer, a súa viúva traspasoulle a empresa á súa neta, a condesa Otilia von Faber-Castell, da que tomou a denominación de Faber-Castell.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Coñecido como Mathis Grünewald, foi pintor de cámara do arcebispo elector de Maguncia (1508-1524). En 1527 trasladouse a Halle por mor da súa inclinación luterana. A súa obra, que reflicte o coñecemento da arte italiana do Renacemento, enraízase no gótico alemán de Jan Polack e Hans Burgkmair. O seu estilo manifestouse no retablo de Isenheim (1513-1515).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editora. Sucedeu o seu marido Phil Graham á fronte do grupo editorial de The Washington Post e da revista Newsweek tralo seu suicidio. Foi presidenta do consello de administración do devandito grupo no período 1973-1993 e sacou a empresa da bancarrota. Foi unha das responsables da publicación do escándalo Watergate. Escribiu a súa autobiografía Historia persoal (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz teatral e cinematográfica estadounidense. Coñecida como Katharine Hepburn, recibiu catro Oscar ao longo da súa carreira pola súa interpretación en Morning Glory (1933), Guess who’s Coming to Dinner (1967), The Lion in Winter (1968) e On Golden Pond (1981). Interpretou personaxes dramáticos, cómicos e traxicómicos. Entre outros filmes nos que participou destacan, The Philadelphia Story (1940), The African Queen (1952), The Madwoman of Chaillot (1968), The Ultimate Solution of Grace Quigley (1984) ou Love Affair (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto alemán. En Italia recibiu a influencia de A. Palladio. Introduciu a arquitectura neoclásica en Berlín. Entre as súas obras destacan o teatro de Charlottenburg e a porta de Brandenburgo de Berlín (1788 -1791).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Chaira de India Central duns 300 m de altitude media situada ao N das montañas de Vindhya, entre as terras altas do O e a chaira do Ganxes. De 1401 a 1531 constituíu un reino musulmán independente. Conquistada polos ingleses en 1818, formou unha das axencias políticas británicas de India, composta por un grupo de estados que en 1948 se uniron con Gwalior e Indore, e formaron a Unión de Madhya Barat.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Manuk.
-
-
Relativo ou pertencente aos mekhitharistas.
-
Membro dunha formación relixiosa armenia fundada en Constantinopla en 1701 polo vardapet Pedro Manuk, cunha regra inspirada, en parte, na de san Bieito, polo que estiveron considerados ás veces como unha congregación bieita. En 1703, os monxes establecéronse en Peloponeso, mais en 1715 tiveron que fuxir e establecéronse na illa de San Lazzaro, en Venecia. En 1773 xurdiu outra rama, que se estableceu en Viena.
-
-
PERSOEIRO
Estadista alemán. Naturalizado austríaco, foi conde e príncipe de Metternich-Winneburg (1806). Estudou en Estrasburgo (1788-1790) e entrou ao servizo da diplomacia austríaca a partir de 1790. Despois da derrota fronte a Francia, foi chanceler e adoptou unha política conciliadora respecto a Napoleón. Restableceu o poder austríaco en Italia e Alemaña e impuxo un novo equilibrio político europeo no Congreso de Viena (1814-1815). Por medio da Cuádrupla Alianza, tentou opoñerse aos principios da liberdade e autodeterminación dos pobos. A insurrección de Viena de 1848 obrigouno a dimitir.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Presentou un diagrama de clasificación dos elementos (1870) similar á táboa periódica de Mendelejev un ano despois que este, e que establecía unha ordenación dos elementos considerando a relación entre os volumes dos átomos e os seus pesos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta. Foi confesor de Mariana de Austria, muller de Filipe IV de Castela, e primeiro ministro e valido. Fíxose impopular pola prohibición das carreiras de touros e das representacións teatrais. Derrocouno Xoán Xosé de Austria en 1669.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político sueco. Fundador da moderna teoría de comercio internacional, demostrou o efecto que este ten sobre a asignación dos recursos, nos prezos e na distribución da renda. Participou activamente na política de Suecia como xefe do Folkpartiet Liberalerna (Partido Liberal), entre 1944-1967, e ministro de Comercio (1944-1945). Publicou Interregional and International Trade (1933), The Problem of Employment Stabilization (1949) e Theorie der internationalen Wirtschaftsbeziehungen (1956). Recibiu o Premio Nobel de Ciencias Económicas (1977), xunto con James E. Meade.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Ontario, Canadá, situada ao S de Toronto (129.170 h [2001]). Predominan as industrias do automóbil, do téxtil e de produtos alimentarios.
VER O DETALLE DO TERMO