Berriz

Berriz

Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, drenado polos ríos Olaizabal e Oca (4.099 h [1996]). A súa situación na estrada de Donostia a Bilbao, a medio camiño entre Eibar e Durango, favoreceu a localización de numerosas empresas que o converteron nun pequeno núcleo industrial siderometalúrxico.