"Timor" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • Xénero de peixes teleósteos da familia dos móridos ao que pertence a mora azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xene mutante que aparentemente ten un efecto contrario ao do xene que non mutou ou xene estándar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Déficit dos impulsos vitais e da afectividade consistente nunha diminución da actividade do individuo, unha retracción sobre el mesmo, falta de atención e indiferenza nas penas e alegrías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Maryland, nos EE UU, na baía de Chesapeake (675.401 h [1996]; 2.382.172 h na área metropolitana [1996]). Constitúe un importante núcleo industrial, cun dos portos exportadores máis importantes dos EE UU. A cidade foi fundada no ano 1729. Desde a súa orixe converteuse en refuxio dos católicos que fuxían de Inglaterra, polo que o elemento católico obtivo unha gran preponderancia. Así mesmo, foi a primeira cidade en adoptar o principio de tolerancia relixiosa e un dos centros difusores da cultura liberal e do americanismo. Entre as súas universidades destaca a Johns Hopkins University, fundada no ano 1876. O Museo de Arte Contemporánea de Baltimore posúe unha importante colección de pinturas flamengas, neerlandesas, españolas e francesas (sobre todo impresionistas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de nobres ingleses colonizadores de América do Norte. A súa fortuna comezou con George Calvert (Kipling, Yorkshire 1530 - Londres 1632), que foi secretario de estado (1619) e no ano 1621 fundou unha colonia en Terranova. En 1625 converteuse ao Catolicismo e foi nomeado primeiro barón de Baltimore (Irlanda). O seu fillo Cecil Calvert (1605-1675), segundo barón de Baltimore, fundou a colonia de Maryland, gobernada entre 1634 e 1647 polo seu irmán Leonard Calvert . Os dereitos sobre Maryland foron transferidos aos descendentes da familia ata que, no transcurso da revolución estadounidense, foron anulados en 1775.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina do ano 1975 con R. Dulbecco e H.D. Temin, polos seus traballos sobre o virus do ARN, o descubrimento do enzima transcriptasa inversa (ADN polimerasa ARN dependente), e pola fixación dos procesos moleculares mediante os que a información xenética se incorpora ao ADN. Entre 1982 e 1990 dirixiu o Whitehead Institute for Biomedical Research, en Cambridge, Massachusetts.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xeomorfoloxía do relevo submarino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á batimorfoloxía.

    2. Forma de relevo submarino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distancia que separa dous xenes entre os que existe un 1% de probabilidade de recombinación. Depende do tamaño do xenoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento creado en 1974 para a independencia de Timor Leste. Trala retirada de Portugal e a proclamación de independencia da República pola Frente (1975), Indonesia ocupou a zona, o que deu lugar a un período de enfrontamento armado. A ONU condenou a invasión e en 1999 tutelou un referendo sobre a autodeterminación, que resultou favorable á independencia de Timor Leste. Venceu nas eleccións de agosto de 2001 e o seu líder Xanana Gusmão converteuse no primeiro presidente da República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, liturxista e historiador francés. Destacou principalmente no campo da ciencia litúrxica, co fomento da renovación da pastoral sacramental baseada nun coñecemento moi sólido da evolución histórica da liturxia. A súa obra máis coñecida, en colaboración con outros autores, é L’Église en prière. Introdution à la liturgie (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Insulindia, situada na zona suroccidental do arco do arquipélago das pequenas Illas da Sonda, entre o mar de Savu e o mar de Timor (62.495 km2; 4.016.394 h [1990]). A súa capital é Kupang (129.259 h [1990]). Administrativamente, a metade oriental constitúe Timor-Leste, mentres que a metade occidental forma parte da provincia de Sonda Oriental (Indonesia). É unha illa montañosa, con cimas que sobrepasan os 2.000 m. O clima é caloroso, máis seco ao N e húmido ao S. A poboación é maioritariamente indonesia. A actividade principal é a agricultura, que produce arroz, millo, mandioca, tabaco, café, copra, caucho e sándalo. Ten gandaría bovina, de búfalos, caprina e ovina. Habitada por pobos malaios e chineses, a illa foi descuberta en 1520 por barcos portugueses que estableceron unha base en Solor. En 1613 os holandeses ocuparon a illa, pero os portugueses reivindicaron a súa soberanía, mentres resistían en Dili e na zona oriental. Durante os ss XVII e XVIII holandeses e portugueses...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Timor-Leste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Índico, situado entre a illa de Timor e a costa de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do SL asiático que constitúe a metade oriental da illa de Timor (14.874 km2; 750.000 h [estim 2001]). A súa capital é Dili (45.000 h [1999]).
    Xeografía
    Localizado na parte oriental da illa de Timor, trátase dun país montañoso (acada os 2.960 m de altitude). O seu clima é tropical e está afectado polas chuvias dos monzóns, que provocan avalanchas de terra e inundacións. É o estado máis pobre do SL asiático e enfróntase a graves problemas socioeconómicos, como a falta de inversións e alimentos e o paro (afecta aproximadamente ao 50% da poboación). Despois da acadar a independencia, tentouse converter a agricultura de subsistencia nun sector orientado á exportación, pero os baixos prezos do mercado e a falta de abastecemento interior levaron ao fracaso esta política. Un sector que comeza a despuntar é a explotación de reservas de petróleo mariñas. Só o 7,6% da poboación é urbana.
    Sociedade e goberno

    Diversidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten medo a errar ou que é moi tímido.

    2. Que se amosa escrupuloso ante algo que considera inmoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á illa de Timor ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da illa de Timor.

    VER O DETALLE DO TERMO