Frente Revolucionária do Timor Leste Independênte

Frente Revolucionária do Timor Leste Independênte
Nome científico: [FRETILIN]

Movemento creado en 1974 para a independencia de Timor Leste. Trala retirada de Portugal e a proclamación de independencia da República pola Frente (1975), Indonesia ocupou a zona, o que deu lugar a un período de enfrontamento armado. A ONU condenou a invasión e en 1999 tutelou un referendo sobre a autodeterminación, que resultou favorable á independencia de Timor Leste. Venceu nas eleccións de agosto de 2001 e o seu líder Xanana Gusmão converteuse no primeiro presidente da República.

Palabras veciñas

Frente Polisario | Frente Popular | Frente Popular Galega | Frente Revolucionária do Timor Leste Independênte | Frente Sandinista de Liberación Nacional | frenteira | freo