"Tip" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 256.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terras altas da Siberia central, na República Autónoma de Iacutia, ao N dos montes Stanovoi, cunha altitude máxima de 2.100 m. Constituído principalmente por gneises e granitos, drénano os afluentes do Aldan. Reservas minerais, principalmente auríferas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Frecuencia alélica (composición xenética) dunha poboación. Os cambios no alelotipo poden xurdir por mutación, selección, derivación xenética ou procesos de migración en caso de illamento completo de poboacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de diferencias antixénicas, determinadas xeneticamente, que existen entre as proteínas séricas dunha mesma especie.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise da proteína sérica que presenta alotipia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proteína sérica que manifesta alotipia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fase especial de solifluxión na que esta se manifesta en forma de meseta (terrazas de altiplanación) e relevos aplanados constituídos pola acumulación de materiais rochosos soltos.
-
-
Elevación do terreo cunha superficie máis ou menos plana, ás veces, limitada por un ou máis barrancos e sucada por vales encaixados e profundos.
-
altiplano oceánico
-
altiplano residual
-
altiplano tectónico
-
altiplano volcánico
-
-
REXIÓNS
Rexión de terras altas que se estende dende o S do Perú ata o N da Arxentina incluíndo Bolivia. Cunha altitude media de 3.400 m e unha lonxitude superior aos 900 km, está flanqueada por dúas cordilleiras de elevacións a miúdo superiores aos 6.000 m: a Occidental, que se estende ao longo do límite con Chile, e a Real ou Oriental, que polo centro de Bolivia chega ata Arxentina. O Altiplano coincide co fondo dun antigo e extenso lago. Está drenado por concas endorreicas; o lago Titicaca e o lago salgado Poopó son os máis importantes. A temperatura media é de 8°C, con grandes variacións; pode baixar ata -20°C. O sector N está moi poboado e alí atópanse os principais centros mineiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión administrativa de Togo (16.974 km2; 810.500 h [estim 1989]). A capital é Atakpamé (27.100 h [1989]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo procedemento fotográfico utilizado no retrato. Consistía na obtención de negativos moi tenues sobre placas de colodio húmido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso fotográfico de mediados do s XIX, que empregaba un negativo de albumina sobre cristal, observada por reflexión preparada sobre un fondo negro.
-
-
Que evita ou combate o paludismo ou a malaria.
-
Medicamento ou axente que combate o paludismo. O tratamento inclúe dous tipos de fármacos: os esquizonticidas sanguíneos, que actúan sobre o parasito no interior dos eritrocitos, e os esquizonticidas hísticos, que destrúen o parasito no interior dos tecidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo aos dispositivos instalados nas portas de emerxencia dos locais públicos que, ao ser empurradas pola multitude amoreada diante da saída nun momento de pánico, descravan a tranca e permiten que as portas se abran totalmente cara a fóra. Xeralmente constan dunha barra atravesada a media altura diante da porta, que ao ser empurrada bascula sobre os seus extremos e acciona o mecanismo de apertura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se atribúe a autoridade propia do Papa mediante medidas irregulares, e que chega a ser competidor do lexítimo Papa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación de equivalencia entre dúas liñas antiparalelas.
-
-
Dise de dúas liñas rectas non paralelas que cortan os dous lados dun ángulo, de xeito que o ángulo que forma unha delas cun dos lados do ángulo é igual ao que forma a outra co outro lado do ángulo.
-
Refírese aos vectores que van na mesma dirección, pero en sentidos opostos.
-
-
-
Que actúa contra os parasitos.
-
Axente que combate calquera tipo de parasito, como os praguicidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos dispositivos que serven para eliminar ou reducir os efectos dos parasitos que dificultan a recepción dos sinais radioeléctricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Defensa irónica das características negativas dunha persoa ou dos seus feitos mediante recursos da oratoria; en ocasións tamén mostra características tanto positivas como negativas.
-
-
Que combate a enfermidade de Párkinson.
-
Axente que combate a enfermidade do Párkinson. Os fármacos antiparkinsonianos baséanse no feito de que o transtorno bioquímico fundamental desta enfermidade é un déficit de dopamina nos ganglios basais, o que produce un exceso relativo de acetilcolina. A levodopa, precursora da dopamina, é o fármaco de elección, xeralmente asociado a un inhibidor da dopadescarboxilasa. Outros fármacos utilizados son os anticolinérxicos, selexilina, amantadina, bromocriptina, lisurida e pergolida.
-