"Tisa" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Atribúeselle a construción do piso inferior do baptisterio de Pisa, seguindo o esquema dos laterais da catedral e cunha clara influencia oriental no seu interior, e a igrexa do Santo Sepulcro de Pisa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte decimal dun logaritmo decimal.
-
-
Relativo ou pertencente aos partisanos.
-
Militante dun grupo civil organizado para a loita armada clandestina contra un exército de ocupación ou contra a autoridade constituída e que utiliza a técnica da guerrilla. O termo aplícase sobre todo aos que loitaron nos movementos de resistencia contra as forzas do Eixe na Segunda Guerra Mundial (1939-1945). O movemento de guerrillas antifranquistas activo entre 1939 e 1964 coñeceuse co nome de maquis.
-
-
-
Persoa que escribe poesías ou obras poéticas. Oposto a versificador, que designa a habilidade técnica, o poeta tamén responde á capacidade de creación e á forza do sentimento.
-
Persoa que está dotada para a poesía.
-
Persoa que, sen escribir poesías, ten sentimento e gusto pola beleza e que, ademais de estar dotada de fantasía, esquece facilmente a realidade polo ideal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
poeta.
-
-
-
Persoa que, inspirada por un deus, predí o futuro ou revela cousas ignotas para a mente. Orixinariamente era quen falaba en nome do deus e anunciaba a súa vontade. Coa evolución do profetismo bíblico pasou a indicar só aos homes recoñecidos como divinamente inspirados e que adoitaban ser taumaturgos. A tradición xudeocristiá reservou o nome, ademais de para os máis antigos como Débora, Samuel, Natán, Elías e Eliseo, dos que non quedaron escritos, para os supostos autores dos libros proféticos. Xa desde o inicio do Novo Testamento, san Xoán Bautista e o propio Xesús Cristo son recoñecidos como profetas e ata como antigos profetas resucitados. A arte occidental adoitou representar a dezaseis profetas: catro maiores (Isaías, Xeremías, Ezequiel e Daniel), en correspondencia cos catro evanxelistas, e doce menores (Oseas, Xoel, Amós, Abdías, Miqueas, Xonás, Nahum, Hababuc, Sofonías, Axeo, Zacarías e Malaquías), en correspondencia cos doce apóstolos. A estes éngadense Moisés e David....
-
Denominación da parte do Antigo Testamento que comprende os libros proféticos, que adoitan clasificarse en profetas maiores e profetas menores.
-
Título que os musulmáns dan por antonomasia a Mahoma.
-
-
Persoa que, por unha capacidade de adiviñación, prevé o futuro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
profeta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muller consagrada a cultos e ritos pagáns, a ofrecer sacrificios aos deuses e a estar ao cargo das cousas sagradas e dos templos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tisza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Preparado medicinal que se obtén por infusión ou cocción de elementos vexetais en auga e edulcorado con azucre. Ten un baixo contido en principios activos e emprégase principalmente como remedio caseiro.
-
-
Relativo ou pertencente aos tisanópteros.
-
Insecto da orde dos tisanópteros.
-
Orde de insectos pterigotos hemimetábolos de pequenas dimensións co corpo alongado, o protórax groso e catro ás membranosas, longas e estreitas. Son frecuentes as ás reducidas e as especies ápteras. Son insectos terrestres, cosmopolitas, sobre todo fitófagos, algúns depredadores, que habitan entre a vexetación viva ou morta.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos tisanuros.
-
Insecto da orde dos tisanuros.
-
Orde de insectos apterigotos, de pequena ou mediana dimensión, co corpo fusiforme e de cor escura, ás veces con reflexos metálicos que se producen nas escamas. Teñen antenas longas con múltiples artellos, ollos compostos, aparato bucal mastigador e 11 segmentos abdominais. Viven en ambientes moi diversos: húmidos, secos, escuros, claros, baixo pedras, en formigueiros ou entre a roupa. A orde comprende especies cosmopolitas, omnívoras e tamén fitófagas.
-