poeta, poetisa
poeta, poetisa
(< lat poēta < grποιητής)
-
s
Persoa que escribe poesías ou obras poéticas. Oposto a versificador, que designa a habilidade técnica, o poeta tamén responde á capacidade de creación e á forza do sentimento.
-
s
Persoa que está dotada para a poesía.
-
s
Persoa que, sen escribir poesías, ten sentimento e gusto pola beleza e que, ademais de estar dotada de fantasía, esquece facilmente a realidade polo ideal.