Poesía Galicia
Poesía Galicia
[PUBLIC]
Revista publicada en Ferrol a partir de decembro de 1981. Editada pola Sociedade de Artistas de Ferrol, nun primeiro momento naceu como separata da revista Arte Galicia para logo converterse en publicación independente. De periodicidade anual, aínda que irregular, estivo dirixida por Antonio M. Barcón, Guillermo Rocha, Carlos Barcón, Manuel Vázquez e Elia Rico. Dedicada á poesía española e galega, contou coa colaboración de destacados poetas das xeracións de posguerra.