Poética
Poética
[LIT]
Obra acroamática de Aristóteles dividida en 26 capítulos, que se considera o tratado máis antigo sobre esta materia. Probablemente data do último período da vida de Aristóteles. Trátase dun escrito breve que valora a forma e a eficacia da gran poesía, liberada do finalismo pedagóxico e político de Platón, e no que se enuncia a independencia da arte. Exerceu unha grande influencia na formación das diversas poéticas do Renacemento e da Idade Moderna.