profeta, profetisa

profeta, profetisa

(< lat prophēta < grπροπφήτης)

  1. s [RELIX]
    1. Persoa que, inspirada por un deus, predí o futuro ou revela cousas ignotas para a mente. Orixinariamente era quen falaba en nome do deus e anunciaba a súa vontade. Coa evolución do profetismo bíblico pasou a indicar só aos homes recoñecidos como divinamente inspirados e que adoitaban ser taumaturgos. A tradición xudeocristiá reservou o nome, ademais de para os máis antigos como Débora, Samuel, Natán, Elías e Eliseo, dos que non quedaron escritos, para os supostos autores dos libros proféticos. Xa desde o inicio do Novo Testamento, san Xoán Bautista e o propio Xesús Cristo son recoñecidos como profetas e ata como antigos profetas resucitados. A arte occidental adoitou representar a dezaseis profetas: catro maiores (Isaías, Xeremías, Ezequiel e Daniel), en correspondencia cos catro evanxelistas, e doce menores (Oseas, Xoel, Amós, Abdías, Miqueas, Xonás, Nahum, Hababuc, Sofonías, Axeo, Zacarías e Malaquías), en correspondencia cos doce apóstolos. A estes éngadense Moisés e David. Identifícanse, máis que por ter uns atributos persoais, polos filacterios onde aparece escrito o seu nome ou algún texto da súa profecía, entre os que destacan os realizados polo mestre Mateo no Pórtico da Gloria.

    2. Denominación da parte do Antigo Testamento que comprende os libros proféticos, que adoitan clasificarse en profetas maiores e profetas menores.

    3. Título que os musulmáns dan por antonomasia a Mahoma.

  2. s

    Persoa que, por unha capacidade de adiviñación, prevé o futuro.

Palabras veciñas

Profesorado Gallego, El | Profesorado, El | profesoral | profeta, profetisa | profético -ca | profetisa | profetismo