Profesorado, El

Profesorado, El

Publicación editada na Coruña a partir de 1886. Subtitulada “Revista decenal de Primera Enseñanza”, saíu os días 1, 11 e 21 de cada mes. Dirixida por A. Pardo Laborde, centrouse nos mestres de instrución primaria e incluíu novas relacionadas cos servizos educativos de inspección, a situación das escolas normais, e disposicións lexislativas de interese para a comunidade educativa.