"Tofane" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Comediógrafo grego. É un dos máis célebres poetas dramáticos clásicos xunto con Esquilo, Sófocles, Eurípides e Menandro. Dunha gran cultura literaria e artística, desprezou fortemente a ignorancia. Na súa obra teatral defendeu os mitos relixiosos dirixindo a súa sátira contra os renovadores do pensamento como Sócrates. Destacou pola visión crítica da realidade, pola defensa da utopía e polo espírito pacifista. A súa madureza creativa chegou durante a Guerra do Peloponeso (431-404), fronte á que adoptou unha posición inequívoca, denunciando a tolemia e a sinrazón do enfrontamento. Nas súas obras, As nubes (423) e As ras (405), quixo desacreditar a Guerra do Peloponeso e acadar unha paz con Esparta, igual que fixeran outros anovadores da tradición teatral como Eurípides. Logo da derrota de Atenas fronte a Esparta e co ascenso do partido aristocrático ao poder na cidade ática, do que Aristófanes era membro, comezou o segundo gran período da súa produción, marcado pola perda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e filólogo grego. Foi director da Biblioteca de Alexandría e mestre de Aristarco de Samotracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo dos Dolomiti que domina a conca de Cortina d’Ampezzo. Os tres cumes que lle dan o nome son Tofana di Rozes (3.225 m), Tofana di Mezzo (3.243 m) e Tofana di Dentro (3.237 m).

    VER O DETALLE DO TERMO