"Tolosa" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Catedrático de Antropoloxía Social na Universidad Complutense de Madrid (1970), realizou numerosos traballos de campo relacionados con Galicia e ensaios relacionados coa bruxería e o demo, como Antropología cultural de Galicia (1971), Endemoniados en Galicia hoy (1984), Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega (1984) e La Santa Compaña (1998). Membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, recibiu o Premio Aragón das Ciencias Sociais e Humanas (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción bélica que tivo lugar o 16 de xullo de 1212 no altiplano de Las Navas de Tolosa (La Carolina, Jaén). Os contendentes foron, dunha banda, o exército do califa almohade Mu ḥ ammad al-Nā ṣ ir, que foi derrotado, e doutra, unha coalición formada polos reis peninsulares Afonso VIII de Castela, Pedro I de Aragón e Sancho VII de Navarra. Os cristiáns saíron o 12 de xuño de Toledo en dirección ao porto de Muradal, na cima de Sierra Morena, e chegaron ao altiplano de Las Navas, onde obtiveron a vitoria. No ataque os casteláns ocuparon o centro, os navarros a á dereita e os cataláns e aragoneses a esquerda. Unha semana despois da batalla, os tropas de Pedro I apoderáronse tamén de Úbeda, o que lles deu un gran prestixio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Gipuzkoa, Euskadi (17.642 h [2001]). Núcleo industrial, destaca a industria papeleira e a fabricación tradicional de boinas. É un nó de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de mestres canteiros renacentistas, activos durante os ss XVI e XVII. Pedro de Tolosa (activo entre 1549-1583) difundiu o clasicismo herreriano en obras como o Convento Jerónimo de Guisando (Madrid, 1562), no Real Monasterio de El Escorial, na Colegiata de San Luis (Villagarcía de Campos) e nos conventos de Uclés e Moya, en Cuenca. Seu irmán, Juan de Tolosa (1548-1600), interveu con el na Colegiata de San Luis e con Andrés Ruíz no colexio de Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos. Estilisticamente continuou coa austeridade propia da escola herreriana, como demostrou na fachada do mosteiro de Santa María de Montederramo (1598-1607). Alonso de Tolosa (Madrid 1549-1588), fillo de Pedro, foi aparellador (1582) da cuarta Colegiata de Valladolid, traballou como mestre de cantaría no Alcázar de Segovia e foi vedor das obras do bispado en Palencia. Tamén rematou a igrexa de Santiago de Medina de Rioseco, para a que se lle encargara...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Entidade política fundada como resultado do segundo pacto entre o Rei Valia e o xeneral romano Constancio (despois Emperador Constancio III), en 418. Abranguía desde Tolosa ata o Atlántico e comprendía as cidades de Tolosa e Bordeos, -capitais alternantes-, Agen, Angulema, Santes, Poitiers e Périgueux, e desde 462 as da Narbonesa ou Septimania. No novo reino de Tolosa establecéronse os visigodos retornados de Hispania, cuxa expansión foi rápida e pasou aos Pireneos ata a Batalla de Vouillé (507), que puxo fin ao reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Tolosa ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Tolosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Fundou a compañía de monicreques Teatro Buratini (1996), coa que representou os espectáculos para nenos Pazo de papel (2002), Palabras de caramelo (2003) ou Contos para todo o ano (2000). Destacan tamén as representacións de Xoguetes ou Pinocho, co Teatro Cachirulo.

    VER O DETALLE DO TERMO