"Transilvania" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira accidentada ao S de Romanía, tamén denominada Cárpatos Meridionais. A súa dirección xeral é L-O. Enlaza cos Cárpatos por levante e cos Balcáns por poñente. Macizos cristalinos compostos principalmente de granito e de xistos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a Itsvan Bocskay, príncipe de Transilvania.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Transilvania (1581-1596 e 1601-1602), fillo e sucesor, por elección, do príncipe Cristóforo I. En 1596, despois de ser recoñecido príncipe herdeiro de Transilvania (1594) polo emperador, cedeulle o principado, pero, arrepentido, volveu sacar adiante o trono axudado polos turcos, e cedeulle a coroa definitivamente ao emperador en 1602.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do centro de Romanía formada por un altiplano rodeado polos Cárpatos Meridionais. Morfoloxicamente constitúe unha depresión de orixe tectónica formada durante o Secundario, cando se alzou a cordilleira carpática. Ten unha altitude media duns 500 m, e unha inclinación cara ao O e o N, onde descende ata os 200 m, mentres que polo S chega ata os 1.000 m. Está drenada polo Olt, o Mureş e o Someş. É unha das rexións máis poboadas, e xunto aos romaneses establecéronse nela húngaros e alemáns, sobre todo no SL. Cunha rica economía agrícola, con abundancia de bosques e recursos minerais, ten cultivos de vide, remolacha, xirasol e cereais. Tamén ten xacementos de gas natural, sal e ferro. Corazón do reino dacio, formou parte da provincia romana de Dacia. A principios do s XI, o Rei Estevo I de Hungría reuniu as terras de Transilvania nun condado gobernado por un voivoda, pero o seu relevo, accidentado, dificultou a integración política do país. Ademais, os húngaros instalaron alí...
VER O DETALLE DO TERMO