Lychnis

Lychnis
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas, perennes, da familia das cariofiláceas, que presenta follas opostas, simples e enteiras. As flores teñen un cálice formando un tubo de cor rosa e froito en cápsula. En Galicia están presentes as especies L. flos-cuculi e L. gitano.