Lyautey, Louis Hubert Gonzalve

Lyautey, Louis Hubert Gonzalve

Militar e administrador colonial francés. Iniciou a súa carreira no N de África, onde foi nomeado comandante. De 1894 a 1902 foi enviado a Indochina e a Madagascar. Nomeado xeneral, en 1903 foi destinado a Alxeria e dirixiu a pacificación. Despois dos feitos sanguentos de Fez de 1912, foi nomeado residente xeral en Marrocos onde pacificou a poboación e gañou a confianza dos indíxenas ao mellorar o seu nivel de vida e ao apoiarse nas súas elites que se converteron en axentes coloniais. Nomeado ministro de Guerra (1916) dimitiu ao ano seguinte e volveu a Marrocos. Mariscal de Francia (1921), dimitiu do cargo en 1925 cando recibiu o mando das tropas que combatían Abd el-Krim.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Thorey, Meurthe

  • Nacemento

    Lugar : Nancy

  • Deceso

    Lugar : Mosella