Lycoperdon
Lycoperdon
[FUNGO]
Xénero de fungos licoperdais, da familia das licoperdáceas, formado por cogomelos con forma ovoide, con carpóforo en forma de pera e pé estéril. Bota unha nube de esporas cando rompe. En Galicia están presentes as especies L. perlatum, L. umbrinum, L. pyriforme e L. echinatum.