Lydda
Lydda
Antiga cidade de Palestina que corresponde á actual Lod. Fundada posiblemente polos hebreos, foi conquistada e destruída polas tropas de Vespasiano durante a Guerra dos Xudeus (68). Trala caída de Xerusalén e a destrución do Templo (70) converteuse en sede temporal de numerosos mestres hebreos. Reconstruída por Adrián co nome de Diospolis a comezos do s II, identificouse como o lugar de enterramento tradicional de san Xurxo durante o s IV e converteuse nunha importante sé episcopal no s V. Ocupada polos cruzados en 1099, foi o centro da devoción deste santo. Conquistouna Saladino (1191) e perdeu importancia despois de ser saqueada polos mongois en 1221.