Alpes de Transilvania
Alpes de Transilvania
Cordilleira accidentada ao S de Romanía, tamén denominada Cárpatos Meridionais. A súa dirección xeral é L-O. Enlaza cos Cárpatos por levante e cos Balcáns por poñente. Macizos cristalinos compostos principalmente de granito e de xistos.