Temas

Parecis, Chapada dos

Cordilleira do territorio de Guaporé, situada ao NO do estado de Mato Grosso, Brasil.

Máis >
Tian Shan Tien Shan

Cordilleira de Asia Central que se estende entre o S de Kirguizistán e o Xinjiang, en sentido L-O, cunha lonxitude de 3.000 km. De orixe primaria, está afectada polos dobramentos recentes. A partir de Chan Tengri divídese en cordilleiras que inclúen a depresión do lago Issykkul’ e as concas de Naryn e Fergana. No centro culmina no Pobedy (7.439 m) e no Chan Tengri (6.995 m).

Máis >
Wuyi Shan

Cordilleira da China suroriental, que se alza ata os 2.000 m de altitude. É a parte máis elevada do macizo do Zhejiang e Fujian, de rochas arcaicas e primarias, que separa a conca media do Iang-Tsé das rexións costeiras.

Máis >
Sierra Madre Centroamericana

Cordilleira de América Central, que se estende desde o istmo de Tehuantepec, en México, ata a Barranca de Atrato, en Colombia. Cunha orientación NO-SL, atravesa Guatemala, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Panamá. A súa máxima altitude é o volcán de Tajumulco, en Guatemala (4.200 m).

Máis >
Urbasa

Cordilleira de Euskadi, que se estende polo NL da provincia de Araba e se introduce en Nafarroa, onde acada a máxima altitude con 1.153 m.

Máis >
Bureinskij, cordilleira de

Cordilleira da Siberia oriental, Rusia, que se estende de S a N desde a conca do Amur e chega a 2.640 m de altitude cara ao N.

Máis >
Karawanken

Cordilleira alpina que forma o extremo oriental dos Alpes, entre Austria e Eslovenia, e constitúe unha prolongación dos Alpes Cárnicos. Separa os vales do Drava e do Sava. Atravésaa un túnel de 8 km, aberto en 1909, que une Austria con Ljubljana e Trieste por ferrocarril. Un segundo túnel, acabado en 1991, une por estrada Austria e Eslovenia.

Máis >
Rudnik

Cordilleira situada en Serbia. Nela localízanse xacementos de chumbo, cinc, amianto e bismuto. O seu cumio acada os 1.132 m de altitude.

Máis >
Loading