Temas
Cordilleira calcaria, a máis exterior dos Alpes Dináricos, en Croacia, que domina o litoral desde Senj, no esteiro de Zrmanja, diante da illa de Pag, e culmina en Vaganjski, a 1.758 m de altitude.
Cordilleira de América Central, que se estende desde o istmo de Tehuantepec, en México, ata a Barranca de Atrato, en Colombia. Cunha orientación NO-SL, atravesa Guatemala, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Panamá. A súa máxima altitude é o volcán de Tajumulco, en Guatemala (4.200 m).
Cordilleira de Noruega, ao N de Bergen. É a máis alta de Europa Setentrional. No Glittertind rexístranse as maiores altitudes (2.470 m).
Cordilleira da Península Ibérica que constitúe o contraforte meridional da Meseta e separa esta do val do Guadalquivir. Constitúe un gran chanzo de aproximadamente 600 km, formado por materiais paleozoicos. Trátase dun relevo apalachense con cristas de cuarzo. As principais altitudes son as de Despeñaperros (pico de Estrella 1.300 m), as serras de Madrona (1.323 m) e de Alcudia, a chaira de Los Pedroches, as serras de Los Santos e Aracena, os Picos de Aroche e a serra de Monchique. Separa as concas do Guadalquivir, o Odiel e os ríos do Algarve da do Guadiana. Os afluentes do Guadalquivir fenden a cordilleira coa súa erosión, como tamén o fai o Guadiana en sentido inverso. É unha das comarcas menos poboadas do interior da Península Ibérica debido ao relevo abrupto e á escaseza de solos fértiles. Acolle numerosos parques naturais e a actividade mineira, que noutra época foi unha actividade moi importante, está baseada no chumbo, ferro, cinabrio e carbón.
Cordilleira de Gran Bretaña que constitúe a espiña dorsal do N de Inglaterra. Esténdese desde os Cheviot Hills ao N e os Midlands ao S. Está formada por unha serie de altiplanos calcarios, inclinados cara ao L e fracturados cara ao O, que culminan no Gross Fell (893 m).
Cordilleira alpina que forma o extremo oriental dos Alpes, entre Austria e Eslovenia, e constitúe unha prolongación dos Alpes Cárnicos. Separa os vales do Drava e do Sava. Atravésaa un túnel de 8 km, aberto en 1909, que une Austria con Ljubljana e Trieste por ferrocarril. Un segundo túnel, acabado en 1991, une por estrada Austria e Eslovenia.
Cordilleira de México que se estende ao longo da costa do golfo de México, desde o SO de Texas ata o eixo volcánico, no Cofre de Perote (Veracruz). Cunha lonxitude de 1.300 km, a súa dirección é N-S e a súa altitude media duns 1.500 m. Acada o máximo en Peña Nevada (4.056 m) e constitúe a beira oriental do altiplano mexicano.
