Alaska Range
Alaska Range
Cordilleira do sur de Alasca. Esténdese formando un arco desde a península de Alasca ata a fronteira canadense e constitúe a barreira física e climática entre a Alasca central e a costa do golfo. O seu punto culminante é o monte McKinley. As partes baixas están cubertas de coníferas e habitadas por fauna maior.