"Trebisonda" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande (? 1180 - 1222) Emperador (1204-1222) da dinastía Comneno de Trebisonda. Sobriño de Andrónico I, Emperador de Bizancio, e fillo do Sebastocrator Manuel. Trala toma de Constantinopla polos cristiáns de Occidente, fundou o Imperio de Trebisonda. Loitou contra os cristiáns da Asia Menor, os bizantinos de Nicea e os turcos do Sultanato de Rum.
-
PERSOEIRO
Emperador da dinastía Comneno de Trebisonda (1927-1330). Fillo de Xoán II e de Eudosia Paleólogo. Durante o seu reinado os turcos foron derrotados en Kerasont (1302). En 1314 outorgoulles privilexios aos venecianos co fin de contrarrestar o predominio comercial dos xenoveses. No seu reinado, Trebisonda acadou o seu máximo esplendor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador da dinastía Comneno de Trebisonda (1349-1390). Fillo de Basilio. Chamado Xoán, cambiou o seu nome polo de Aleixo. Casou en 1351 con Teodora Cantacuze, sobriña do Emperador de Bizancio Xoán VI. Reprimiu os complots da aristocracia, loitou contra os turcos e aumentou os privilexios de Venecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador Comneno de Trebisonda (1417-1429). Combateu contra os xenoveses e mantivo boas relacións con Venecia. Foi asasinado na revolta do seu fillo Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei comneno da Paflagonia, Heráclea e do Ponto, emperador de Trebisonda (1204-1214) e neto do Emperador Andrónico I. Fundou e compartiu co seu irmán Aleixo I o Imperio de Trebisonda. Morreu a mans do soldado turco Day Ka’ūs.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador comneno de Trebisonda (1458-1461), fillo de Aleixo IV. Non conseguiu conter a invasión dos turcos aos que lles tivo que entregar Trebisonda. Foi encarcerado e executado con sete dos seus fillos e un sobriño no castelo das sete torres de Constantinopla. Con el desapareceu a familia imperial dos comnenos de Trebisonda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Trebisonda (1238-1263), fillo de Aleixo I de Trebisonda. Membro da familia dos Comneno. Non puido manter o poder debido aos ataques dos turcos selxúcidas e os mongois. Despois da Batalla de Arunga (1244) recoñeceuse vasalo do gran khan mongol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Trebisonda (1341-1342 e 1343-1349). Sucedeu á Emperatriz Ana Anakhutlu, pero o partido bizantinófilo depúxoo e colocou no trono ao seu fillo Xoán III. Tempo despois, foi restablecido pero tivo que abdicar e foi sucedido por Aleixo III.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do il homónimo situada na parte asiática de Turquía (182.552 h [1997]). Está situada á beira do Mar Negro, ao pé das montañas do Ponto e preto da desembocadura do río Degirmen. É un centro de intercambio comercial con Rusia. Corresponde á antiga Trapezunte, fundada polos colonos gregos de Sinope a mediados do s VIII a C. Destruída polos godos (257), foi sede dunha comunidade cristiá e como estación militar tivo un novo desenvolvemento na época bizantina. Aleixo I Comneno converteuna en capital do Imperio de Trebisonda. Comezou a decaer tras a ocupación turca (s XV). Do seu partimonio cultural destacan a igrexa da Panagia Khrisokéfalos, a de San Uxío e, no monte Mitri, o convento da Panagia Theosképastos, cunha capela rupestre con pinturas do s XIV.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía situado na rexión de Costa do Mar Negro (4.498 km2; 858.687 h [1997]). A súa capital é Trebisonda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imperio fundado en Trebisonda en 1204 coa conquista do Imperio de Oriente por parte dos soldados latinos da cuarta cruzada. Os irmáns Aleixo e David Comneno, fillos do sebastocrátor Manuel e netos do Emperador Andrónico I Comneno, intentaron a conquista de Asia. Ao non conseguilo, apoderáronse de Trebisonda e tomaron o título de Gran Comneno e de emperador e autócrata dos Romanos, e os nomes de Aleixo I (1204-1222) e David I (1204-1222). En 1456, baixo o reinado de Xoán IV (1429-1458), o imperio someteuse aos turcos.