Trebisonda
Capital do il homónimo situada na parte asiática de Turquía (182.552 h [1997]). Está situada á beira do Mar Negro, ao pé das montañas do Ponto e preto da desembocadura do río Degirmen. É un centro de intercambio comercial con Rusia. Corresponde á antiga Trapezunte, fundada polos colonos gregos de Sinope a mediados do s VIII a C. Destruída polos godos (257), foi sede dunha comunidade cristiá e como estación militar tivo un novo desenvolvemento na época bizantina. Aleixo I Comneno converteuna en capital do Imperio de Trebisonda. Comezou a decaer tras a ocupación turca (s XV). Do seu partimonio cultural destacan a igrexa da Panagia Khrisokéfalos, a de San Uxío e, no monte Mitri, o convento da Panagia Theosképastos, cunha capela rupestre con pinturas do s XIV.