Trebisonda, Imperio de

Trebisonda, Imperio de

Imperio fundado en Trebisonda en 1204 coa conquista do Imperio de Oriente por parte dos soldados latinos da cuarta cruzada. Os irmáns Aleixo e David Comneno, fillos do sebastocrátor Manuel e netos do Emperador Andrónico I Comneno, intentaron a conquista de Asia. Ao non conseguilo, apoderáronse de Trebisonda e tomaron o título de Gran Comneno e de emperador e autócrata dos Romanos, e os nomes de Aleixo I (1204-1222) e David I (1204-1222). En 1456, baixo o reinado de Xoán IV (1429-1458), o imperio someteuse aos turcos.

Palabras veciñas

trebello | Trebisonda | Trebisonda | Trebisonda, Imperio de | treboada | Treboada | Trebolle