Treboada
Treboada
[PUBLIC]
Revista publicada en Barcelona a partir de marzo de 1982. Cesou en 1985. Subtitulada “Revista do Centro Galego de Barcelona” afastouse da liña informativa da outra publicación editada por este centro galego, Alborada. Dirixida por Daniel Pérez e coordinada por Anxo Baranga, destacou polo seu carácter cultural e aberto á sociedade catalá, onde funcionou como foro de debate.