"Trento" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Concilio de Trento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Trentino-Alto Adige e da provincia homónima, no Trentino, Italia (104.844 h [2001]). Situada no val do río Adige, é un importante núcleo de comunicacións, e ten industria de mobles, metalúrxica e téxtil. Conquistada polos romanos en 222 a C co nome de Tridentum, recibiu o dereito de cidadanía romana en 49 a C. Sé dun bispado desde o s IV, foi ocupada polos ostrogodos no s V, e pouco despois polos longobardos, que crearon nela un ducado. Baixo os carolinxios converteuse en capital dunha marca. Uniuse ao Reino de Xermania en 952, e foi posta baixo a soberanía dos seus bispos entre 1004 e 1801. En 1407 os tridentinos obtiveron nunha revolta o recoñecemento dos dereitos comunais. A cidade foi embelecida, e tivo un forte impulso económico grazas ao bispo Bernardo Clesio (1514-1538). Grazas á súa situación de terra italiana sometida ao emperador, foi escollida como sede do Concilio de Trento, entre 1545 a 1563. Napoleón I Bonaparte fíxoa centro do departamento do Alto Adige...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do Trentino-Alto Adige, Italia (6.207 km2; 476.442 h [2001]). A súa capital é Trento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Décimo noveno concilio ecuménico que celebrou 25 sesións durante os anos 1545-1547, 1551-1552 e 1562-1563, baixo os pontificados de Paulo III, Xulio III e Pío IV, que enviaron como legados, sucesivamente, aos cardeais Del Monte, Cervini e Pole; Crescenzi e os bispos Pighino e Lippomani; e os cardeais Gonzaga, Seripando, Hosius, Simonetta, Hohenems, Morone e Navagero. Clemente VII obrigouse a convocalo na Paz de Barcelona (1529), pola que se comprometía a coroar a Carlos V emperador. Paulo III convocouno en Mantua (maio de 1537), e despois en Vicenza (outubro de 1537), pero a escasa presenza episcopal e a negativa luterana a participar nel atrasaron a súa inauguración, ata que en 1539 foi definitivamente adiado. Finalmente foi escollida como sede a cidade de Trento, que a pesar de formar parte do Imperio era considerada italiana. Tras fracasar unha primeira convocatoria (1542) e adiarse unha segunda (1545), finalmente, e a pesar do escaso número de asistentes, 25 bispos, inaugurouse o 13...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de New Jersey, EE UU (85.403 h [2000]). É un centro industrial na beira do Delaware, con industrias téxtiles, farmacéuticas e de fabricación de pneumáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO