"Trobe" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Derivado do benceno con dous grupos NO, que substitúen dous átomos de hidróxeno. Presenta tres isómeros: orto- (1,2-dinitrobenceno), meta- (1,3-dinitrobenceno) e o para- (1,4-dinitrobenceno). Sólido de cor amarela pálida. Prepárase por nitración directa do nitrobenceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión clandestina celebrada o 16 de marzo de 1930 no Pazo de Hermida e promovida pola ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma), baixo a presidencia de Santiago Casares Quiroga, á que foron convocados todos os elementos galeguistas e republicanos. Os asistentes, arredor de 50, acordaron a creación da Federación Republicana Gallega, que aglutinou a ORGA, a Alianza Republicana e o Partido Radical e tiña como principal obxectivo a implantación do réxime republicano democrático en España e a loita pola autonomía de Galicia. Nomeáronse dous representantes para actuar co resto das forzas republicanas españolas: Abad Conde, quen representou a FRG nun mitin en Madrid o 28 de setembro de 1930, xunto a outros representantes de distintas rexións; e Casares Quiroga, quen asistiu ao pacto de San Sebastián, en que se acadou unha alianza entre os grupos republicanos e os socialistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Dodro. Erixida no s XVI como lugar de recreo dos arcebispos composteláns, sufriu reformas en época posterior, entre as que destaca a mandada facer por Bertomeu de Rajoy no s XVIII. Ten planta en forma de U cun patio interior. Nun lateral da fachada sitúase unha capela dedicada ao Anxo da Garda. Diante da fachada atópase un patio pechado con muros e con dependencias adxectivas, onde se sitúa unha fonte do s XVIII, cun gran pilón e tres alturas, e coroada por unha figura de Santiago peregrino. O edificio foi cedido polo arcebispado para fins turísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo-torre de Hermida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado mononitrato do benceno, o máis sinxelo e, asemade, o composto nitrato aromático máis importante. Preséntase en forma de líquido aceitoso, cun cheiro característico a améndoas amargas. Industrialmente obtense por nitración do benceno polo ácido nítrico concentrado, en medio sulfúrico. A súa relativa inercia química fai que a miúdo se empregue como disolvente, malia ser un composto tóxico, tanto por inhalación dos seus vapores coma por absorción cutánea, cousa que pode producir unha intoxicación crónica. Emprégase en síntese orgánica, na obtención da anilina, en perfumaría e na industria dos explosivos. Malia ser tóxico, tense empregado ás veces como substitutivo das améndoas amargas en produtos de pastelaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos tres compostos isómeros constituídos por un anel bencénico que é substituído asemade por un grupo nitro e un grupo formilo. O máis importante é o 3-nitrobenzaldehido que se emprega como intermediario de síntese, inhibidor da corrosión, antioxidante e repelente de insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado nitrato do ácido benzoico que se pode presentar nas súas formas isoméricas meta, para e orto. A forma meta obtense por nitración do benzoato de metilo e ulterior hidrólise do éster, e emprégase como reactivo de identificación de alcaloides e do torio. A forma para obtense por oxidación de p-nitrotolueno, con mestura de ácido crómico que funde a 242,4°C, e emprégase na obtención da procaína e dos ésteres do ácido p-hidroxibenzoico. A forma orto non ten aplicacións especiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nitroderivado aromático, altamente explosivo, que se obtén a partir do TNT por eliminación do grupo metilo mediante un proceso de oxidación e que se emprega como explosivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Vedra. En 1107 a infanta Urraca doouno á Igrexa compostelá con todas as posesións aínda que se reservou o usufruto das súas propiedades mentres vivise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta medieval en lingua de oïl do N de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO