Lestrobe, pazo de

Lestrobe, pazo de

Construción situada en Dodro. Erixida no s XVI como lugar de recreo dos arcebispos composteláns, sufriu reformas en época posterior, entre as que destaca a mandada facer por Bertomeu de Rajoy no s XVIII. Ten planta en forma de U cun patio interior. Nun lateral da fachada sitúase unha capela dedicada ao Anxo da Garda. Diante da fachada atópase un patio pechado con muros e con dependencias adxectivas, onde se sitúa unha fonte do s XVIII, cun gran pilón e tres alturas, e coroada por unha figura de Santiago peregrino. O edificio foi cedido polo arcebispado para fins turísticos.