lestrigóns

lestrigóns
s m pl [MIT]

Pobo da mitoloxía grega formado por xigantes antropófagos que devoraban a todos os estranxeiros que se achegaban ao seu país. Ao ; chegar Ulises á súa costa os xigantes mataron a moitos dos seus homes e destruíron a súa flota guindando grandes rochas contra os navíos. Só quedou enteira a nave de Ulises, coa que conseguiu fuxir de alí.