nitrobenceno
nitrobenceno
(< nitro- + benceno)
s
m
[QUÍM]
Derivado mononitrato do benceno, o máis sinxelo e, asemade, o composto nitrato aromático máis importante. Preséntase en forma de líquido aceitoso, cun cheiro característico a améndoas amargas. Industrialmente obtense por nitración do benceno polo ácido nítrico concentrado, en medio sulfúrico. A súa relativa inercia química fai que a miúdo se empregue como disolvente, malia ser un composto tóxico, tanto por inhalación dos seus vapores coma por absorción cutánea, cousa que pode producir unha intoxicación crónica. Emprégase en síntese orgánica, na obtención da anilina, en perfumaría e na industria dos explosivos. Malia ser tóxico, tense empregado ás veces como substitutivo das améndoas amargas en produtos de pastelaría.