nitroanilina

nitroanilina

(< nitro- + anilina)

s f [QUÍM]

Derivado nitrato da anilina, que se pode presentar nas súas formas isoméricas meta, orto e para. A forma meta obtense por nitración da anilina e emprégase como intermediaria na obtención de colorantes. A exposición aos seus vapores produce cianose e metahemoglobinemia. As outras dúas formas presentan propiedades semellantes.

Palabras veciñas

nitro | nitro- | nitroalcano | nitroanilina | Nitrobacter | nitrobacteriáceo -a | nitrobenceno