nitroanilina
nitroanilina
(< nitro- + anilina)
s
f
[QUÍM]
Derivado nitrato da anilina, que se pode presentar nas súas formas isoméricas meta, orto e para. A forma meta obtense por nitración da anilina e emprégase como intermediaria na obtención de colorantes. A exposición aos seus vapores produce cianose e metahemoglobinemia. As outras dúas formas presentan propiedades semellantes.