nitrobacteriáceo -a

nitrobacteriáceo -a

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás nitrobacteriáceas.

  2. s f [MONERA]

    Bacteria da familia das nitrobacteriáceas.

  3. s f pl [MONERA]

    Familia de bacterias autótrofas, que comprende individuos que habitan no solo e transforman o amoníaco en nitritos e nitratos asimilables polos vexetais. Coñécense os xéneros que oxidan o amoníaco Nitrosomonas, Nitrosococcus, Nitrospira, Nitrosocystis e Nitrosoglea, e os nitritos Nitrobacter e Nitrocystus.

Palabras veciñas

nitroalcano | nitroanilina | Nitrobacter | nitrobacteriáceo -a | nitrobenceno | nitrobenzaldehido | nitrobenzoico, ácido