nitrobenzoico, ácido

nitrobenzoico, ácido
Nome científico: [O<sub> 2</sub> NC<sub> 6</sub> H<sub> 4 </sub> COOH]
[QUÍM]

Derivado nitrato do ácido benzoico que se pode presentar nas súas formas isoméricas meta, para e orto. A forma meta obtense por nitración do benzoato de metilo e ulterior hidrólise do éster, e emprégase como reactivo de identificación de alcaloides e do torio. A forma para obtense por oxidación de p-nitrotolueno, con mestura de ácido crómico que funde a 242,4°C, e emprégase na obtención da procaína e dos ésteres do ácido p-hidroxibenzoico. A forma orto non ten aplicacións especiais.