nitrocelulosa
nitrocelulosa
(
s
f
[QUÍM]
Éster nítrico da celulosa, descuberta por C. F. Schönbein (1845), que se obtén pola acción do ácido nítrico, só ou mesturado con ácido sulfúrico, sobre fibras de celulosa, especialmente algodón, fibra de madeira ou pasta de papel. É un explosivo de alta velocidade de combustión, e é a base das pólvoras sen fume e dos propergois sólidos que se empregan para a propulsión de foguetes. Segundo o grao de nitración da celulosa pódese obter o algodón pólvora ou piroxilina ou o algodón colodión.