Nitrobacter

Nitrobacter
[MONERA]

Xénero de bacterias, da familia das nitrobacteriáceas, que presentan células en forma bacilar. Son bacterias aeróbicas, quimiolitótrofas obrigadas, e oxidan os nitritos a nitratos. Cando a concentración de nitrito é baixa o osíxeno pode ser tóxico na fase de crecemento. Multiplícanse por xemación.