"Troyes" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Foi un dos primeiros autores en langue d’oïl e gozou da protección de María de Champagne e Filipe de Alsacia, conde de Flandres. Considérase un dos pais da novela moderna debido á mestría coa que cultivou o xénero narrativo do roman cortés; así mesmo, foi o iniciador dos denominados romans artúricos, nos que se contaban as aventuras dos cabaleiros do Rei Artur. As súas obras, caracterizadas polo emprego do octosílabo pareado, adoptan como principio de construción poética a adecuación de matière e sens -é dicir, da historia contada e da súa elaboración discursiva- para acadar unha belle conjointure ou harmonía compositiva. Dende o punto de vista ideolóxico, adaptou as esixencias da fin’amors provenzal ás ficións de ambiente bretón co fin de conciliar a concepción do amor como proceso de perfeccionamento moral coa rixidez do código cabaleiresco, que impoñía o servizo aos débiles como primeiro deber dun cabaleiro; froito do difícil equilibrio entre a dedicación excesiva...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (s IV - 479) Bispo e mártir. Entrou como frade no convento de Lerins, acollido por san Honorato. Elixido bispo de Troyes (427), acompañou a san Xermán a Inglaterra para combater a herexía de Pelaxio e, de volta a Troyes, salvou a cidade da furia dos hunos de Atila (451). Na iconografía viste de pontifical e leva os atributos propios dos bispos (báculo e mitra). A súa festividade celébrase o 29 de xullo.
-
PERSOEIRO
Nobre francesa. Célebre pola súa caridade, segundo a lenda a auga que serviu para lavar o seu cadáver transformouse en leite. A súa festividade celébrase o 21 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Aube, en Champagne-Ardenas, Francia, situada no val do Sena (60.958 h [1999]). É un centro industrial coñecido desde o s XVI polos xéneros de punto. Preto da cidade, nos Campos Cataláunicos, foi onde Atila (451) foi vencido. Baixo os condes de Champagne, a cidade gozou dunha gran prosperidade, en que se celebraron algunhas das feiras de Champagne (ss XII-XIV), pero a partir da Guerra dos Cen Anos e a posterior revogación do Edito de Nantes por Luís XIV de Francia (1685) comezou o seu empobrecemento. Recuperouse no s XIX, grazas ao establecemento de numerosos alsacianos (1871-1872) e á expansión das fábricas de xéneros de punto. Dos seus numerosos edificios relixiosos destacan a catedral de Sant-Pierre et Saint-Paul, gótica (s XIV), e a igrexa de Saint-Urbin (s XIII), tamén gótica, con magníficas vidreiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado entre Carlos VI de Francia e Enrique V de Inglaterra, o 21 de maio de 1420. Nel, Carlos VI, influído por Filipe III de Borgoña, recoñecía a Enrique V como herdeiro do reino francés, coa condición de que este casase coa súa filla, Catarina de Francia. O tratado, que representaba a liberación de Francia dos ingleses e desposuía dos seus dereitos ao delfín, futuro Carlos VII de Francia, non foi aceptado por este que, coa morte do seu pai (1422), foi recoñecido finalmente como rei.