"Uganda" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo reino de Uganda, ao NO do lago Victoria. A disgregación do grande estado de Kitara deu lugar, a principios do s XVII, á formación dos reinos hima do actual territorio de Uganda: Bunyoro, Ankole, Toro e Buganda. O reino de Buganda, composto etnicamente polos baganda e os invasores hima, foi gobernado polo kabaka ou rei; o primeiro deles chamouse Kinton. Despois de dous séculos de hexemonía de Bunyoro, Mutesa I, chegado ao poder en Buganda en 1860, estableceu o predominio de Buganda sobre a rexión. En 1862 chegaron a Buganda os exploradores John Hanning Speke e David Grant e, en 1875, David Livingstone. En 1880 o Tratado de Helgoland situou o país baixo a influencia británica, en 1894, converteuse en protectorado e, en 1897, integrouse no protectorado de Uganda. O predominio de Buganda mantívose durante todo o s XX e reflectiuse na organización administrativa e política da Uganda independente, dominio reforzado pola doazón de terras feita polas autoridades coloniais aos señores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua da familia bantú do phylum níxer-congo que se fala en Uganda e Tanzania.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África oriental, situado ao N do lago Victoria, que limita ao N co Sudán, ao L con Kenya, ao O coa República Democrática do Congo e ao S con Tanzania e Rwanda (241.038 km2; 22.388.000 h [estim 2001]). A capital é Kampala.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo está constituído por vastas chairas inclinadas de N a S. No L e no O atópanse os sistemas montañosos do Elgon e do Ruwenzori (5.119 m). No centro da chaira están os lagos Kyoga e Kwania, e ao longo da depresión do Rift Valey os lagos Mobutu, George e Edward. O clima é ecuatorial e está suavizado pola altitude, as temperaturas son elevadas e as chuvias teñen a máxima de marzo a xuño e de setembro a novembro. O río máis importante é o Nilo Victoria. A vexetación ten, en xeral, carácter de selva seca ou de sabana, con galerías de bosque húmido.
Xeografía económica
A agricultura e a gandaría son a base económica do país. Os principais cultivos comerciais... -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de 22 católicos ugandeses, parte do centenar de cristiáns que foron vítimas da persecución do kabaka Mwanga de Buganda (1885-1887). As primeiras vítimas foron o bispo anglicano James Hannington e os seus compañeiros (1885). Polo feito de protestar por estas mortes, Joseph Mukasa, membro da casa real, foi decapitado e os seus paxes e soldados foron sacrificados. A persecución continuou contra os misioneiros católicos e protestantes ata 1887. Canonizados colectivamente (1964), a súa festividade celébrase o 3 de xuño.